A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo 2º título II o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.
O artigo 12 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade ofertante.
Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991, foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde.
Así mesmo, o artigo 4.d) da Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, en relación á evolución xeral dos custos previstos, así como a inclusión de novos servicios sanitarios, establece que o Servicio Galego de Saúde axustará a súa actuación ás normas e instruccións emanadas da Consellería de Sanidade, á que lle corresponde aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión, logo do informe da Consellería de Economía e Facenda.
Faise necesario actualizar e amplia-lo Decreto 57/1998, do 5 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, para efectos de adecua-las tarifas ó custo económico derivado do servicio ou actividades prestadas.
Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, o Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo do
informe da Consellería de Economía e Facenda na súa reunión do día once de febreiro de mil novecentos noventa e nove,
DISPÓN:
Artigo 1º
1. Apróbanse as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde que figuran no anexo I e II do presente decreto.
2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables ós servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ó pagamento que deba asumi-lo gasto sanitario.
3. O anexo II recolle as tarifas que se aplicarán como consecuencia da asistencia sanitaria que se preste en accidentes de tráfico, naqueles casos que sexa de aplicación o convenio marco de asistencia sanitaria para o ano 1999 con institucións sanitarias públicas.
Artigo 2º
A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servicio ou, se é o caso, coas do día de alta do paciente.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas tódalas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido no presente decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, once de febreiro de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO I
Prezos de servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ó pagamento que deba asumi-lo gasto sanitario.
(En pesetas)
A. Estadías.
1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de: 51.152
Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).
2. Cando o paciente ingrese nun hospital e ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía segundo a interpretación do punto 1, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación como media estadía por: 24.300
3. A estadía en UVI, UCI ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servicio de reanimación, unidade de queimados ou lesionados medulares) facturarase por: 110.482
4. Por estadía en unidades de Psiquiatría de agudos: 22.680
5. Por estadía no hotel de pacientes: 10.910
6. Na estadía están incluídas as prestacións de tódolos servicios e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais como custo independente da estadía, recollidas na alínea C deste decreto como servicios especiais.
B. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios.
1. Por primeiras consultas ambulatorias: 20.520
2. Por consultas sucesivas e sesións ambulatorias posthospitalarias: 10.585
3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:
3.1. Cirurxía ambulatoria maior:
Herniorrafía inguinal ou femoral: 112.099
Herniorrafía umbilical e ventral: 134.960
Cirurxía hemorroidal non complexa: 103.260
Cirurxía de fisura anal: 103.260
Cirurxía de fístulas anais non complexas: 103.260
Excisión e incisión de sinus pilonidal: 104.443
Extirp. tumoración benigna de mama (mastopatía, quiste, fibroadenoma, Fibroesc.): 123.442
Cirurxía de varices e membros inferiores: 135.134
Tratamento cirúrxico de cataratas: 141.937
Cirurxía de corrección de estrabismo: 111.594
Cirurxía sobre o polo anterior do ollo (glaucoma): 177.047
Blefaroplastia con prótese metálica: 111.594
Amigdalectomía e/ou adenoidectomía: 82.382
Miringoplastia: 113.421
Septorrinoplastia-septoplastia: 119.632
Microcirurxía de larinxe: 113.421
Tto. Cirurx. Hallux valgus e doutras deformidades dos dedos do pé: 195.316
Tratamento de ganglión: 152.446
Tratamento de Dupuytren: 143.694
Liberación do túnel carpiano: 112.099
Artroscopia de xeonllo: 162.606
Extracción de material de osteosíntese: 229.260
Tratamento de dedo en resorte: 143.694
Tratamento de hernia discal: 187.051
Reduc. pechada Fract. malar e cigomática: 289.146
Cirurxía Artic. témporo-mandibular: 206.886
Cirurxía de tumoración benigna maxilar: 206.886
Cirurxía xenitais externos femininos (excluídas as biopsias): 132.211
Cirurxía do colo do útero (excluídas as biopsias): 105.383
Laparoscopia xinecolóxica (ligadura, endocoagulación): 134.334
Dilatación e legrado uterino: 93.935
Quiste de ovario: 185.590
Cirurxía de hidrocele: 111.055
Biopsia de próstata: 168.922
Biopsia testicular: 76.710
Corrección de fimose (con anestesia xeral): 82.399
Orquiopexia: 104.426
Quiste epididimo: 117.666
3.2. Cirurxía ambulatoria menor: 12.308
4. A administración de fármacos antiinfecciosos en réxime de hospital de día, facturaranse a prezo de custo.
5. Por asistencia en urxencias hospitalarias: 24.840
6. Por consultas sucesivas en urxencias: 12.420
Nestes importes está contida a prestación de tódolos servicios e os gastos que orixinen, coas excepcións que se determinan na alínea C de servicios especiais.
Enténdese por primeira consulta ambulatoria ou de urxencias cantas actuacións sexa preciso efectuar no centro hospitalario, para a determinación diagnóstica e orientación terapéutica do proceso asistencial do paciente, estando incluídas as probas necesarias como diagnóstico, determinación do tratamento e acto cirúrxico ambulatorio cando proceda que se efectúen dentro dos 15 días seguintes, coas excepcións que se determinan na alínea C de servicios especiais.
As revisións ambulatorias posthospitalarias comprenderán as revisións ás que deban ser sometidos os pacientes hospitalizados, despois de seren dados de alta no centro hospitalario, incluíndo cantas actuacións sexa preciso realizar no centro hospitalario para coñece-la evolución clínica do paciente e mentres persista a súa relación inmediata co proceso que determina o ingreso.
Entenderanse consultas ambulatorias e de urxencias sucesivas todas e cada unha das asistencias dispensadas a partir dos 15 días da visita inicial sempre e cando se trate do mesmo proceso.
C. Tarifas por servicios especiais.
As tarifas especificadas a continuación como tarifas especiais facturaranse con independencia da que lle corresponda por consulta ou, se é o caso, estadía.
1. A solicitude de realización de probas diagnósticas que non xeren consultas ou estadías e non se atopen relacionadas entre estas tarifas especiais, facturaranse por: 17.821
2. Cardioloxía.
2.1. Cardioloxía intervencionista.
Cateterismo (coronariografía): 102.059
Procedementos terapéuticos: 219.994
Implantación de marcapasos:
Marcapaso endocavitario: 212.757
Marcapaso epicárdico: 141.478
Marcapaso con implantación ambulatoria: 102.059
Biopsia endomiocárdica: 141.478
2.2 Cardioloxía diagnóstica.
Ecocardiograma doppler: 31.104
Estudio electrofisiolóxico: 22.680
Proba de esforzo: 30.052
Holter: 17.064
Eco transesofáxico: 31.104
Eco estrés farmacolóxico: 36.521
2.3 Cirurxía vascular.
Flebografía: 68.039
Estudio de membros superiores e inferiores: 31.752
Estudio renal: 31.752
3. Radiodiagnóstico.
3.1. Neurorradioloxía diagnóstica e terapéutica.
Estudio de troncos supraórticos: 99.790
Anxiografía dixital: 41.472
Anxiografía dixital terapéutica: 107.783
Embolización cerebral: 588.591
Por arteriografía cerebral: 79.380
Por arteriografía periférica: 56.700
Por arteriografía toracoabdominal: 56.700
Por ecografía doppler-color (de troncos supraórticos): 31.304
3.2. Por cada exploración mediante T.A.C. scanner:
Tanto se faga con contraste ou sen el: 36.494
3.3. Por exploración mediante resonancia nuclear magnética:
Por cada estudio simple: 66.852
Por cada estudio dobre: 85.045
Por cada estudio triple de médula, columna e abdome: 104.508
Plus de contraste: 19.147
Plus de anestesia: 19.147
3.4. Outras probas de radiodiagnóstico:
Urografías: 27.820
Ecografías: 16.713
Densitometrías: 16.713
Biopsia de mama dirixida por arpón: 19.785
Biopsia renal: 55.134
Placa panorámica: 3.574
Telerradiografía: 3.574
Placa lateral de cranio: 3.574
Placa periapical: 2.042
Placa oclusal: 2.042
Anxiofluorescenigrafía: 38.798
Biometría: 18.889
Campimetría: 12.252
Topografía: 20.420
4. Radioloxía intervencionista.
Anxioplastia arterial: 254.400
Implantación endoprótese vascular: 339.200
Derivacións biliares: 339.200
Shunt portosistémico transxugular: 996.400
5. Respiratorio.
Por broncoscopia con anestesia local: 24.948
Espirometría: 25.000
6. Otorrinolaringoloxía, foniatría e logopedia.
Probas labirínticas nistagmografía: 25.920
Por cada mes completo de tratamento de logopedia ou foniatría en réxime de sesión diaria: 31.104
Por sesións illadas do tratamento: 1.837
7. Neurofisioloxía clínica.
Por exploración electroencefalográfica: 12.529
Por exploración electroencefalográfica con cuantificación (cartografía, reparto de frecuencias, comparación estatística con patróns normais, etc.): 31.104
Por exploración electroencefalográfica con cuantificación con electrodos implantados: 43.416
Por exploración electroencefalográfica con privación do sono: 18.684
Por exploración de potenciais evocados auditivos: 24.948
Por exploración de potenciais evocados de tronco: 24.948
Por exploración de potenciais evocados somestésicos: 24.948
Por exploración de potenciais evocados visuais: 18.684
Por exploración de Onda P-300: 24.948
Por exploración de variación continxente negativa: 24.948
Por estudio electroencefalográfico con sistema Holter: 62.100
Por exploración electroencefalográfica ou subcorticográfica con ou sen electroencefalograma con electrodos implantados: 37.260
Por electro-retinograma: 24.948
Por electro-oculograma: 24.948
Por audiometría (obxectiva): 31.104
Por nistagmograma: 24.948
Por reoencefalograma: 7.453
Por estudio neurofisiolóxico con estimulación magnética e/ou eléctrica transcranial: 31.104
Por electromiograma cuantificado (electromiografía): 24.948
Por electromiograma fibra illada: 49.680
Por estudio electromiográfico de esfínteres (electromiografía): 31.104
Por neurografía con estimulación repetitiva (electromiografía): 12.529
Por neurografía convencional (electromiografía): 7.453
Por neurografía S.N. vexetativo: 18.684
Por estudio neurofisiolóxico de movementos anormais (electromiografía): 18.684
Por polinsomniografía do sono: 121.642
8. Dixestivo.
Por colanxiopancreatográfico retrógrada endoscopia: 91.890
Por colanxiografía retrógrada: 86.939
Por esfinterotomía: 148.930
Por extracción de corpos estraños: 31.104
Por dilatacións esofáxicas (por sesión): 37.260
Por dilatación esofáxica (acalasia): 62.100
Por esclerose de varices esofáxicas (por sesión): 37.260
Por colonoscopia: 31.104
Por polipectomía: 55.836
Por sonda de gastrotomía endoscópica: 124.091
Por colocación de drenaxes nasobiliares: 223.341
Por drenaxe biliar interna: 223.341
Por prótese esofáxica: 99.251
Por terapia endoscópica ulcerosa: 49.680
Por biopsia xexunal: 18.684
Por endoscopia dixestiva alta: 30.052
Por rectoscopia/anuscopia: 9.936
Por papilectomía endoscópica: 148.929
Por laserterapia sesión: 59.400
Por laserterapia de estómago: 59.400
Por laserterapia de esófago: 59.400
Por laserterapia de colon: 59.400
Por laparoscopia diagnóstica: 88.451
Por laparostomías: 100.980
Por alcolización hepática: 104.346
Por ligadura de varices esofáxicas: 43.200
Cambio catéter derivación biliar: 66.365
Por implantación de endopróteses biliares: 92.399
(As próteses facturaranse a prezo de custo)
Por dilatacións biliares: 108.051
Por electrocoagulación bipolar alta e baixa: 62.040
9. Anatomía patolóxica.
Por biopsias de anatomía patolóxica: 30.052
Por biopsias de anatomía patolóxica con estudio macro e microscópico: 36.521
Citoloxía vaxinal: 15.652
Estudio sistema nervioso: 40.840
10. Hemodiálise.
Por cada sesión en centros hospitalarios tanto a pacientes hospitalizados como en réxime ambulatorio: 22.956
O prezo da sesión de hemodiálise comprende a analítica rutineira e as transfusións que se realicen por indicación médica.
Aplicarase un suplemento por dialización mediante concentradores de bicarbonato por sesión de: 1.297
Analíticas de pacientes en hemodiálise (control trimestral): 17.868
Analíticas de pacientes en hemodiálise (control rutineiro): 1.698
11. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia.
Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria: 31.104
Por sesións illadas do tratamento: 1.837
12. Quimioterapia e radioterapia.
Por sesión de quimioterapia: 8.000
Por sesión de quimioterapia intensiva: 15.000
Por sesión de radioterapia superficial: 1.837
Por sesión de radioterapia profunda: 2.485
Por laserterapia dermatolóxica (custo por paciente inclúe 6 sesións): 91.890
Se se subministraran fármacos, estes facturaríanse a prezo de custo.
13. Procedementos especiais.
No prezo que se establece por cada un destes procedementos considéranse incluídas as probas diagnósticas e terapéuticas rutineiras ou especiais que sexa preciso realizarlle ó paciente con anterioridade ó procedemento ó que vaia ser sometido. Honorarios médicos, anestesia, dereitos de quirófano, enfermería, estadías no hospital, medicación, material sanitario, alimentación incluída a nutrición parenteral e enteral e estadías na unidade de coidados intensivos que puidera precisar.
Transplante autólogo de medula ósea: 3.272.242
Transplante cardíaco: 4.440.136
Transplante hepático: 5.574.118
Transplante renal: 2.595.632
Transplante de córnea: 521.731
Artroscopias: 86.184
Estudio de inmunohistoquímica (ptas./anticorpo): 5.725
Amniocentese: 90.719
Litotricia renal extracorpórea: 384.728
Cariotipo na médula ósea: 18.000
14. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.
Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia, e neuropediatría: 49.680
Por cada sesión deste tratamento: 2.485
15. Órtese e prótese.
As órteses e próteses que sexa necesario implantarlle ou adaptarlle ó paciente, así como a súa renovación ou preparación, facturaranse ó prezo de custo.
16. Medicina nuclear.
Gammacámara dixital:
Gammagrafía de corpo enteiro: 58.860
Gammagrafía pulmonar con galio: 44.820
Gammagrafía suprarrenal: 58.860
17. Hospitalización a domicilio.
Por atención prestada a pacientes en réxime de hospitalización a domicilio, por día: 38.364
18. Copias de historias clínicas.
Por copia de historias clínicas e dos estudios incluídos nelas: 2.348
19. Probas de detección de alcoholemia.
Por cada proba de detección de alcoholemia: 12.522
20. Probas de detección de drogas.
Detección benzodiazepinas en ouriños: 1.532
Detección opiáceos en ouriños: 1.532
Detección cocaína en ouriños: 1.532
Detección cannabis en ouriños: 1.532
Detección anfetaminas en ouriños: 1.532
Detección metadona en ouriños: 1.532
Detección alcohol en ouriños: 1.532
Detección barbitúricos en ouriños: 1.532
D. Servicios prestados en centros de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.
1. Tarifa básica.
Por primeira consulta: 6.697
Por consultas sucesivas: 3.349
Por asistencia en urxencias: 24.840
2. Tarifa para consulta con probas complementarias.
Por primeira consulta: 8.317
Por consultas sucesivas: 4.213
3. Tarifas para consultas con coidados de enfermería.
Primeira consulta:
Con probas: 9.936
Sen probas: 7.992
Consultas sucesivas:
Con probas: 4.968
Sen probas: 3.997
4. Consultas de enfermería.
Consultas de enfermería: 1.405
5. Consultas a domicilio.
5.a) Sen coidados de enfermería.
Primeira consulta:
Con probas: 9.936
Sen probas: 7.992
Consultas sucesivas:
Con probas: 4.968
Sen probas: 3.997
5.b) Con coidados de enfermería.
Primeira consulta:
Con probas: 11.989
Sen probas: 9.613
Consultas sucesivas:
Con probas: 6.048
Sen probas: 4.753
6. Intervencións cirúrxicas ambulatorias.
Intervencións cirúrxicas ambulatorias: 9.936
E. Servicios de centros psiquiátricos.
1. Por internamento completo en unidades de media e longa estadía: 10.153
2. Por estadías causadas en réxime de hospital día: 10.585
3. Por servicios extrahospitalarios en ambulatorios:
3.a) Primeira consulta médica: 8.965
3.b) Revisións médicas: 4.536
3.c) Visitas domiciliarias: aplicaranse as tarifas do punto D.5.
4. Consulta psicólogo:
4.a) Primeira consulta: 6.697
4.b) Consultas sucesivas: 3.349
F. Servicios prestados en centros de orientación familiar.
Centros de orientación familiar.
Consulta xinecólogo:
1ª consulta: 8.965
Consultas sucesivas: 4.536
Intervención: 9.936
Consulta psicólogo:
1ª consulta: 6.697
Consultas sucesivas: 3.349
Unidades de saúde buco-dental.
Consulta preventiva:
1ª consulta: 6.697
Consultas sucesivas: 3.349
Intervención: 9.936
G. Transporte sanitario.
Será por conta directa do paciente. En caso de que se realice con medios propios do Servicio Galego de Saúde facturarase aplicando as tarifas que se indican.
Entenderase por servicio urbano o realizado dentro da mesma localidade e por servicio interurbano o realizado entre dúas localidades distintas, computándose a distancia desde a localidade de orixe do traslado á localidade de destino.
As tarifas por servicios interurbanos serán aplicables cando do número de quilómetros efectuados en estrada se derive un importe superior, en contraprestación do servicio, ó prezo por servicio urbano correspondente á poboación onde teña a súa base a ambulancia.
1. Ambulancias non asistidas.
1.a) Servicio interurbano por cada quilómetro de:
Transporte programado: 66
Transporte non programado: 71
1.b) Servicios urbanos:
Para poboacións de mais de 200.000 habitantes:
Transporte programado: 1.944
Transporte non programado: 2.160
Para poboacións de ata 200.000 habitantes:
Transporte programado: 1.405
Transporte non programado: 1.512
1.c) O tempo de espera que se computará cando se lle advirta ó conductor da ambulancia a necesidade do regreso do enfermo por traslados interurbanos, distantes máis de 40 quilómetros, aboándose a tarifa establecida a partir da 2ª hora de espera ou fraccións e ata un máximo de 3 horas, con independencia de que o servicio sexa programado ou non programado.
Tempo de espera por cada hora: 1.837
2. Ambulancias asistidas.
Aplicaranse as tarifas por ambulancias asistidas cando o traslado do paciente se efectúe con persoas, médico e auxiliar, do Servicio Galego de Saúde. De non ser este o caso, a tarifa aplicable será a correspondente a ambulancias non asistidas.
2.a) Por cada servicio urbano: 37.260
2.b) Por cada quilómetro de servicio interurbano: 228
2.c) Por cada hora de espera: 4.321
O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no punto 1.c).
UVI móbil.
-Persoal (médico, enfermeiro e conductor) prezo por hora: 15.315
-Vehículo prezo por quilómetro: 395
H. Dispositivos preventivos ou de risco controlado.
Establecemento de dispositivos preventivos e asistenciais polo Servicio de Prestacións e Emerxencias Médicas, non incluíndose os gastos de vehículos de transporte sanitario:
Por cada equipo sanitario necesario no dispositivo:
-Coordinación e mobilización: 31.304
-Por cada hora ou fracción de mantemento do dispositivo: 15.652
ANEXO II
Tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico nos supostos recollidos no convenio marco de asistencia sanitaria derivada de accidentes de tráfico para 1999 con institucións sanitarias públicas con cobertura de responsabilidade civil derivada do uso e circulación de vehículos de motor de subscrición obrigatoria, aplicables nas institucións propias ou nas alleas concertadas en réxime de administración e financiamento directo.
(En pesetas).
A. Hospitalización.
Por cada día de estadía hospitalaria quedando incluída a totalidade dos gastos asistenciais, pero
facendo excepción do transporte que se facturará se é o caso á parte:
Estadía: 38.900
Estadía UVI ou UCI: 65.000
B. Asistencia ambulatoria.
Primeira consulta/urxencias: 18.300