Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se concede a autorización número 36 a Caixa Catalunya para a apertura de contas restrinxidas de recadación en tributos.

Esta dirección xeral, examinada a solicitude presentada por Caixa Catalunya e baseándose no disposto no Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, modificado parcialmente polo Real decreto 448/1995, do 24 de marzo, dicta a seguinte resolución:

Primeiro.-Autorízase a Caixa Catalunya para actuar como entidade colaboradora na xestión recadatoria dos tributos cedidos á Comunidade Autónoma, con suxeición ó establecido no artigo 78 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación.

Segundo.-Os ingresos realizaranse nas contas restrinxidas abertas, tituladas «Tesouro Facenda Pública Galega - conta restrinxida de colaboración na recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de ...». Caixa Catalunya levará contas distintas para as declaracións-liquidacións e para liquidacións notificadas.

Terceiro.-Caixa Catalunya deberalle comunicar a esta dirección xeral o número de identificación das contas abertas no ámbito de cada unha das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda. Igual comunicación deberán cursar ó Servicio de Recadación da delegación territorial en que se localicen.

Cuarto.-Así mesmo, poderanse satisfacer a través da Caixa Catalunya os tributos propios e outros ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma, cando a normativa específica pola que se regulen así o estableza.

Contra a presente resolución poderase interpor, de conformidade co disposto polo artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso ordinario perante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos