Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Sábado, 20 de febreiro de 1999 Páx. 1.948

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (471/1997-M).

Victoria Moyano Ruiz de Alegría, secretaria do Xulgado de Instrucción número un dos de Carballo.

Pola presente cédula e en virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas 471/1997, sobre furto, danos á propiedade, no que figuran como denunciante Jorge Suárez Añón e como denunciado Petronilla Castillo.

Cítese a Jorge Suárez Añón para que no próximo día dez de maio, ás once cincuenta horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó dito xuízo, facendo saber ás partes que deberán concorrer coas probas de que intenten valerse, así como os peritos e testemuñas e que se non comparece nin alega xusta causa que llo impida, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito e ó acusado, que na súa ausencia non suspenderá a celebración nin a resolución do xuízo, podendo, se é o caso, ser conducido pola forza pública.

Dado en Carballo o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado