Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para as subministracións sucesivas de equipamento de diverso material electromédico con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela (A Coruña). (SCS.-13/1999). (Sete lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos),

edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 67, fax: 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipamento de diverso material electromédico. (7 lotes).

-Orzamento total: cento dous millóns novecentas mil ptas., IVE incluído (102.900.000 ptas., IVE incluído).

-618.441,45 euros.

Lote nº 1: desfibriladores. 16.450.000 ptas.

Lote nº 2: bisturís eléctricos. 10.450.000 ptas.

Lote nº 3: bisturís eléctricos de baixa potencia. 600.000 ptas.

Lote nº 4: endoscopio vídeo torre uroloxía. 8.000.000 de ptas.

Lote nº 5: ecoendoscopio vídeo torre dixestivo. 23.000.000 de ptas.

Lote nº 6: torre endoscopia cirúrxica. 32.500.000 ptas.

Lote nº 7: electrocardiógrafos. 11.900.000 ptas.

Total de licitación: 102.900.000 ptas., IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo de entrega máximo un (1) mes desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 15 de marzo de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 22 de marzo de 1999.

b) Enderezo á que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: 329.000 ptas.

Lote nº 2: 209.000 ptas.

Lote nº 3: 12.000 ptas.

Lote nº 4: 160.000 ptas.

Lote nº 5: 460.000 ptas.

Lote nº 6: 650.000 ptas.

Lote nº 7: 238.000 ptas.

Licitando ós trece lotes: 2.058.000 ptas.

Ver anexo III para garantía provisional de cada lote.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

3. Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

5. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.): ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición das variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio da información previa do 24 de xuño de 1998.

17. Data de envío do anuncio: 12 de febreiro de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos