Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.922

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 15 de febreiro de 1999, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes aprobados no terceiro exercicio da oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do cuarto exercicio da fase de oposición, e se convocan os aspirantes para a súa realización.

Primeiro.-As listas de aspirantes aprobados, coas puntuacións do 3º exercicio, están expostas nos tabo

leiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e das súas delegacións territoriais. Así mesmo, poderanse consultar a través do teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-O cuarto exercicio celebrarase o día 1 de marzo, ás 18 horas, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado 15 minutos antes da hora sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1999.

Fernando Soler Pareja

Presidente do tribunal