Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

1. Obxecto do contrato: a expolotación da cafetería situada no parque público da Xunqueira.

2. Prazo do contrato: cinco anos, prorrogables por un máximo de dous.

3. Prezo do contrato: non se establece, deberán propoñe-lo os licitadores.

4. Garantías provisional e definitva: a garantía provisional para participar no concurso será de 50.000 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do prezo do contrato.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo da cláusula XI.

As proposcións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XIV do prego.

Vilagarcía de Arousa, 22 de xaneiro de 1999

Joaquín J. Gago López

O alcalde