1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.
b) Número de expediente: S99/3.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: véxase o encabezado do anuncio. b) División por lotes e número: si. d) Lugar de entrega: véxase punto 1. e) Prazo de entrega: farase ó ritmo que esixan as necesidades municipais, e non poderá ser superior a dez días, desde a data da petición.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: véxase o epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: ver prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración por lotes de papel branco e de cor, material para a máquina off-set Rioby 500-N e para o Departamento de Reprografía, material de oficina para o almacén de compras, e sobres para as distintas dependencias municipais».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 10 de febreiro de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado