Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Profesionales y Autónomos de la Provincia de Pontevedra (OO.PP.AA.).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación de Profesionales y Autónomos de la Provincia de Pontevedra (OO.PP.AA.) que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: federación de profesionais e autónomos.

Asinan a acta de constitución: Santiago Roma Martínez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 25 de xaneiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra