Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/1-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S.Vidan-CD hospital.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: L.M.T subterránea a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 360 m de lonxitude, con orixe na liña Galeras-Vidán-Santiago (Expte. 10513) no C.T. Vidán e final no CD hospital Xeral.Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña