Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/426-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. Cóengo Cándido Varela.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 110 m de lonxitude, con orixe na liña Balneario-Concello e final no C.T. r/ Cóengo Cándido Varela que se vai instalar. Centro de transformación subterráneo de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en r/ Cóengo Cándido Varela. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña