Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Mariña-Mandeo-Castro de Unta.
Situación: Betanzos.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 546 m que enlaza a L.M.T. subterránea a C.T. Castro de Unta, pasando polo C.T. Mandeo en conductor R.H.V. de 240 mm Al e reforma do C.T. Castro de Unta. Concello de Carballo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 13 de xaneiro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña