Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.838

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, pola que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. No caso de que resulten seleccionados para ocupa-los postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde funcionarios con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local ou que estean nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estarán condicionados a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme ó previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicárlle-lo posto para o que sexan seleccionados. Se no prazo de 2 meses a partir da publicación no DOG, os funcionarios seleccionados non se puidesen incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses ó que se fai referencia no apartado quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitava.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Código: IC.C03.00.001.15770.010.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Seguridade Industrial.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

C. específico: 1.703.640.

Código: IC.C03.00.002.15770.010.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Infraestructuras Enerxéticas.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

C. específico: 1.703.640

Código: IC.C03.00.002.15770.015.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Xestión Mineira.

Dependencia: Dirección General de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de puesto: S.

Cuerpo o escala: general/especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

C. específico: 1.703.640.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 1.837.