Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 1999 Páx. 1.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de febreiro de 1999 pola que se establece a veda da sardiña en augas da Comunidade Autónoma galega.

A crise biolóxica na que se atopa a sardiña do stock íbero-atlántico e que nos últimos anos vén sendo diagnosticada de maneira insistente e rotunda nos diferentes foros científicos, afecta moi especialmente ás flotas galegas que teñen nesta especie a súa principal fonte de rendibilidade.

Por esta razón, parece aconsellable realizar na Comunidade Autónoma de Galicia unha veda enfocada a esta especie, co fin de acadar unha recuperación da súa poboación. Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Prohíbense as capturas da sardiña (Sardina pilchardus) con calquera arte en augas de competencia da Comunidade Autónoma galega desde o 1 ó 30 de marzo (ambos inclusive) do presente ano.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Recursos Mariños para adoptar tódalas medidas necesarias para o desenvolvemento da presente orde, que entrará en

vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

P.O. 17-12-1997 (DOG nº 246, do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura