Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

No BOP nº 291 da provincia da Coruña, do 21 de decembro de 1998, publícaronse integramente as bases que rexerán a convocatoria de diversas prazas incluídas na oferta de emprego púlico para 1998 realizada polo Concello de Arteixo, para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administra

tivo de Administración xeral adscrita a alcaldía-presidencia, dunha praza de administrativo de Administración xeral adscrita a servicios económicos e dunha praza de técnico adscrito a servicios económicos para a provisión todas elas mediante concurso-oposición, que foron aprobadas polo Pleno Municipal na súa sesión celebrada o 26 de novembro de 1998.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nos procedementos selectivos citados será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, presentándose da forma prevista nas bases citadas no rexistro xeral do concello, ou ben na forma prevista no artigo 18 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dirixidas ó alcalde-presidente.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Arteixo, 29 de decembro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente