Obxecto: elaboración do proxecto, construcción e explotación dun aparcamento público de vehículos automobilísticos no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol (A Coruña).
Prazo de execución: 1 ano (obra) + 25 anos (prorrogables por outros 25 anos máis).
Clasificación da empresa constructora: grupo C, subgrupo 2, categoría f.
Garantía provisional: 10.534.121 ptas.
Garantía definitiva : 21.068.242 ptas.
Exposición de proxectos.
Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica.
Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións.
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores.
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas.
-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 6.3 do prego de cláusulas administrativas polas que se rexe a adxudicación do contrato.
-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 6.4 do prego de cláusulas administrativas.
Criterios de adxudicación.
Os definidos na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Apertura de proposicións.
Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.
P.D. (Decreto 49/1998 do 5 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos