Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Fonte do Bispo.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 290 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T. a C.T. Doutor Fléming e remate na L.M.T. a C.T. Malingre, C.T. non prefabricado en soto de Fonte do Bispo con 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de 400 metros en conductor R.V., con orixe no devandito C.T.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 18 de xaneiro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
0578