Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 1999 Páx. 1.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/4-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Guindeiras-Vilela.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 537 metros e conductor LA-110, con orixe en apoio nº 86 da L.M.T. existente O Barco de Valdeorras-A Rúa e remate no C.T. existente en caseta de Guindeiras. (Derivación a C.T. existente en caseta Vilela desde o apoio nº 5 da L.M.T. proxectada a C.T. Guindeiras, ata o C.T. existente en caseta Vilela e nunha lonxitude de 13 metros). L.M.T. subterránea a 20 kV de 680 metros en conductor

R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T. existente C.T. Campo Grande-C.T. Guindeiras e remate no C.T. compacto proxectado con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V de San Roque. 3 R.B.T. aéreas de 970, 1.095 e 65 metros e unha R.B.T. subterránea de 440 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense