Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello na sesión celebrada o 25 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o plan parcial do SAU-1, sector A, de Monteferro. O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O referido acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el se pode intepoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 12 de xaneiro de 1999.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde en funcións