Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/98, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

Denunciado

DNI/CIF

EnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

390/98Artisane S.C.

G-15.530.223

r/ Gómez Ulla, 18

Santiago de Compostela

Discoteca Factoría26-e) LO 1/9228 LO 1/92150.000 ptas.

441/98Alberto Arias Pérez

35.548.441

r/ Mariño de Rivera, nº 14-6º D, RibeiraCafé bar Tempus Fugit23-o) LO 1/9228 LO 1/9275.000 ptas.

513/98Mª Teresa Rodríguez Marcota

36.007.627

r/ Maxistrado Manuel Artime, 6 A CoruñaCafé Jazz Moka26-e) LO 1/9228 LO 1/92Sobresido