Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/407-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica e Industrial.

Domicilio social: r/ Entrepontes, 51, baixo, Portomouro, 15000 Val do Dubra.

Denominación: R.B.T. de Novas do C.T. Portomouro de Arriba a 380/220 V.

Situación: Val do Dubra.

Características técnicas: rede de baixa tensión a 380/220 V, de 1.433 m de lonxitude, que parte da R.B.T. existente do C.T. Portomouro de Arriba e final no lugar de Novais, en conductor R.Z. Concello de Val do Dubra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña