Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Casardomato, no concello de Ourense. (Expediente IN407A 98/207-3-A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa

para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Ourense.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 283 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio existente nº 1004032-179 da L.M.T. Punxín-Arrabaldo e final no C.T. aéreo proxectado de Casardomato, de 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V; rede de baixa tensión aérea de 935 m en conductor R.Z.

e) Orzamento: 6.678.361 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 28 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº expediente: 98/207Provincia: Ourense

L.M.T.-C.T.-R.B.T. CasardomatoTermo municipal: Ourense

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

16Cabo de VilaLabradíoMª Carmen Rodríguez CrespoSan Paio (Caldas), 21-2º,

32001 Ourense

21770

19Cabo de VilaLabradíoJosefa Feijoo QuirogaAvda. das Caldas, 4,

32001 Ourense

14140

22Cabo de VilaLabradíoJosefa Feijoo QuirogaAvda. das Caldas, 4,

32001 Ourense

420

29A CalLabradíoMª Carmen Rodríguez CrespoSan Paio (Caldas), 21-2º,

32001 Ourense

990

31A CalLabradíoJosefa Feijoo QuirogaAvda. das Caldas, 4,

32001 Ourense

13130