Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.711

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (148/1998).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 148/1998, cítase o denunciante-ado Josefa Lois Rey e María del Carmen Lois Rey dos que se descoñece o domicilio actual, para que o vindeiro día 17 de febreiro de 1999, ás 12.35 horas comparezan na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoos de que poden ser asistidos de avogado e de que deberán acudir coas probas que teñan e prevíndoos de que, de non o faceren, poderán incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O/A secretario/a

Rubricado