Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.710

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (181/1998).

Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 181/1998 por instancia de María H. Novo Fernández e Ramón Núñez Fontáns contra Avelino Besada Gómez nas súas actuacións en resolución desta data acordou citar a Avelino Besada Gómez co fin de que o día dezaoito de febreiro ás 11.10 horas compareza perante este xuglado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, en caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que se intente valer.

E para que conste e sirva de citación a Avelino Besada Gómez expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado