Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.709

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade 1536/1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai público o nomeamento do vocal 1º (titular e suplente) da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 1536/1997 (BOE do 5 de xaneiro de 1998) e que é o que se relaciona como anexo a esta resolución.

O presente nomeamento completa o realizado por Resolución do 6 de maio de 1998 (BOE do 3 de xuño), dada a aceptación das renuncias dos vocais primeiros titular e suplente nomeados na citada resolución.

A mencionada comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contará desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1999.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía vexetal.

Praza nº: 1536/1997.

Comisión titular.

Vocal 1º: Gregorio Nicolás Rodrigo, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Comisión suplente.

Vocal 1º: José María Maldonado Ruiz, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.