Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de febreiro de 1999 pola que se establecen axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a particulares e entidades sen fin de lucro para a realización de estudios sobre medios de comunicación en Galicia.

A importancia da comunicación oral e escrita como instrumentos de vertebración dun país e aínda como ferramentas útiles para facilitar, mediante o achegamento entre os pobos, o afondamento da democracia fan especialmente recomendable un mellor coñecemento desas técnicas.

A conciencia desa necesidade levou á inclusión nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos créditos destinados á realización de investigacións nese campo. Para o gasto derivado da presente orde disponse de crédito adecuado e suficiente nos citados orzamentos para 1999.

Coa finalidade de asegura-la publicidade e obxectividade na concesión, así como para promove-la participación,

DISPOÑO:

Primeiro.-Establécense axudas para fomenta-la realización de estudios sobre medios de comunicación. O importe global das axudas será de trece millóns (13.000.000) de pesetas.

Segundo.-A contía de cada axuda será de cincocentas mil a un millón cincocentas mil pesetas (500.000 a 1.500.000 ptas.)

Terceiro.-Poderán solicita-las axudas particulares e entidades sen fin de lucro.

Cuarto.-A solicitude das axudas farase mediante instancia, segundo modelo do anexo, dirixida ó secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, e irá acompañada da seguinte documentación:

a) Copia compulsada do documento nacional de identidade do solicitante.

b) Acreditación da representación con que actúa, se é o caso.

c) Memoria explicativa do contido, con indicación da súa dimensión e prazo de realización, debidamente asinada polo solicitante ou o seu representante.

d) Currículum vitae do autor ou autores do estudio, debidamente asinado. Na documentación relacionada no currículum vitae deberán acompañar orixinais ou copias compulsadas daqueles documentos, títulos, etc, directamente relacionados co traballo.

e) Declaración xurada acreditando o carácter inédito do traballo.

No caso de que sexan varios coautores do mesmo traballo, deberán designar por escrito un deles como representante, que dará a conformidade coa súa sinatura.

Quinto.-As solicitudes serán presentadas no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ou nos das súas d

do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto.-As solicitudes presentadas serán tramitadas polo servicio competente da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Sétimo.-Os estudios presentaranse por triplicado, debidamente foliados e encadernados e coa sinatura do autor ou autores. A súa extensión non será inferior ós 100 folios de 1.800 caracteres, e non se computarán as copias íntegras ou parciais das publicacións ou estudios xa existentes.

Oitavo.-A resolución das axudas será realizada polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública por proposta dunha comisión que avaliará as solicitudes presentadas e que será presidida polo secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos e que estará integrada por un funcionario desa secretaría xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, que actuará de secretario, como vocais o xefe do Servicio de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria e o xefe de Gabinete. A comisión terá en conta a finalidade do estudio e a súa relación coa realidade galega na materia, o seu carácter inédito, o currículum vitae do autor ou autores e calquera outra circunstancia que contribúa á modernización do sector.

A dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer, no prazo de dous meses desde a súa notificación, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A resolución respecto da presente liña de subvencións realizarase dentro de tres meses contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. Esgotado o devandito prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente (artigo 43.2º c), a contrario sensu, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Noveno.-Os estudios resultantes das memorias seleccionadas serán entregados na Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos antes do día 30 de setembro de 1999.

Décimo.-A concesión das axudas farase con cargo á aplicación 04.08.361 A 480.0, que dispón de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 1999.

De conformidade co estipulado no artigo 35 dous c) da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999, quedan exentos de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia as subvencións e axudas con cargo ós créditos orzamentarios correspondentes ó artigo 48 Familias e institucións sen fin de lucro.

Por tratarse na presente convocatoria de axudas con cargo ó concepto 480.0, poderán acollerse ó estipulado no citado artigo 48, non implicando ningún límite cuantitativo en canto á concesión da axuda, tal e como se deduce do devandito precepto.

Décimo primeiro.-O pagamento tramitarase unha vez entregado o estudio obxecto da axuda.

Décimo segundo.-De non entregarse o estudio no prazo sinalado ou de entregarse cun contido distinto ó previsto na memoria o beneficiario perderá o seu dereito á percepción da axuda.

Décimo terceiro.-A Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos reserva para si o dereito de publica-los traballos presentados baixo esta convocatoria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Nos aspectos non contidos na presente orde haberá que aterse ó disposto no artigo 78 da

Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e ó artigo 35 da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Segunda.-Facúltase o secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos para dictar, no ámbito das suas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública