Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Valdoviño, en sesión celebrada o día 29 de xaneiro de 1999, aprobou definitivamente os proxectos de modificación puntual nº 4 das normas subsidiarias de planeamento de Valdoviño para incorporación ós sistemas xerais de espacios libres de Pantín, Baleo, Meirás este e Meirás oeste, de modificación puntual nº 8 das normas subsidiarias de planeamento de Valdoviño referente a edificacións auxiliares e de modificación puntual nº 9 das normas subsidiarias de planeamento de Valdoviño de modificación do réxime urbanístico

para os edificios existentes á entrada en vigor das NNSSMM construídos conforme a normativas anteriores, redactadas polo arquitecto Manuel Otero Souto.

O que se fai público para os efectos previdos no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Valdoviño, 3 de febreiro de 1999.

A alcaldesa

Rubricado