Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación da explotación do servicio de cafetería, restaurante e máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos, do Hospital Provincial de Pontevedra, mediante concurso público, polo procedemento aberto. (Expediente 9901HP).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 9901HP, polo procedemento aberto seguinte:

1. Obxecto: a contratación da explotación do servicio de cafetería, restaurante e máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos, do Hospital Provincial de Pontevedra.

O canon mínimo establécese en 200.000 pesetas anuais

2. Prazo de execución: máximo de seis meses paras as obras de remodelación dos espacios actuais destinados a prestación do servicio, e un máximo de 25 anos para a explotación, contados desde o asinamento do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderán ser solicitadas na sección de contratación administrativa do Hospital Provincial de Pontevedra, rúa Loureiro Crespo, nº 2, C.P. 36001, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 70 03, ou fax 986 80 70 51, durante o prazo de admisión das proposicións, agás sábados.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento do investimento que se vai realizar, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira, mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios global, así como dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos últimos exercicios.

6. Solvencia técnica: acreditarase mediante unha relación dos principais servicios efectuados durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, a que se incorporarán os correspondentes certificados sobre os mesmos.

7. Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas (punto 6) e na folla de especificacións (p. 8).

8. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, a partir das dez horas do décimo primeiro día natural contado

a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e os seus anexos.

11. Variantes: admitiranse variantes, sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

12. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1999.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra