Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/191-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Buxán, O Bolo, Forneiros.

Situación: O Bolo.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) de 98 metros, con orixe na L.M.T. O Vao-Viana e remate no C.T. intemperie Proxect. con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Buxán. (2ª) de 1.654 metros, con orixe no apoio de derivación da L.M.T. a Lentellais e L.M.T. a Celavente e remate no C.T. existente en caseta rural de Fornelos. (3ª) de 606 metros, con orixe en apoio nº 2 da L.M.T. aérea proxectada a C.T. en caseta rural de Fornelos e remate no C.T. intemperie proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V do Bolo. 4 R.B.T. aéreas de 1.305, 385, 115 e 2.060 metros respectivamente en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 18 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense