Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/150-2, 5056 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. subterránea en Avda. Dr. Cabaneiro (A Pastoriza).

Situación: A Pastoriza.

Características técnicas: liña de media tensión aérea ó centro de transformación do Acevreiro a 20 kV sobre apoios metálicos e conductor LA-56 de 125 metros de lonxitude. Centro de transformación de intemperie do Acevreiro 20.000/380-220 V

de 50 kVA. Rede de baixa tensión subterránea en Avda. Dr. Cabaneiro a 380/220 V en tubos de polietileno reticulado de alta densidade e conductor R.V. cunha lonxitude de 225 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 5 de xaneiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo