Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Penente II.
Situación: Meis.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 668 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da derivación ó C.T. Penente, rematando no C.T. que se proxecta en Penente II, concello de Meis. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 767 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de decembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra