Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 1999 Páx. 1.678

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (83/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 83/1998, por instancia de María Gil Carreira, contra José Ángel Rodríguez Gil, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«Sentencia.

En nome de El-Rei, en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1998, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 83/1998, no que actuaron como partes, como denunciante, María Gil Carreira e como denunciado José Ángel Rodríguez Gil.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido.

Que debo absolver e absolvo a José Ángel Rodríguez Gil da falta que se lle imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ser resolto na audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notifiación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedir a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberase acreditar ter pedido a emenda da falta ou infración na primeira instancia, salvo en caso de que se tivesen cometido en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización o recorrente poderá pedi-la práctica das probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas,

sempre que tivese formulado a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta das dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón e fique o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a María Gil Carreira, expido e asino en Santiago de Compostela o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado