Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

ANUNCIO.

Con data do 28 de xaneiro de 1999, a Xunta da Mancomunidade aprobou o expediente de contratación para a realización dos traballos que se citan. De conformidade co sinalado no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público durante oito días os pregos de condicións, para os efectos de que poidan presentarse reclamacións anunciándose ó mesmo tempo a licitación acordada, que se adiará no suposto de que se formularen alegacións.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

a) Órgano: Xunta de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número do expediente: 4/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización do subprogama de motivación social e sensibilización cidadán correspondente ó Plan de Xestión Integral de R.S.U. e asimilables da Mancomunidade do Morrazo (Fase II: 1999).

b) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1999.

3. Tratamento, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do proxecto de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Mancomunidade de Concellos do Morrazo, secretaría xeral.

Domicilio: r/ Castelao s/n.

Localidade e código postal: Cangas, 36940.

Tlf.: 986 30 00 50.

Fax: 986 30 48 50.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro dos 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP. Se o último día coincidise en sábado prorrogarase ó seguinte non festivo.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Secretaría Xeral da Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Concello de Cangas, Castelao s/n.

9. Apertura de ofertas.

Ás 12 horas do día seguinte hábil, non sábado, a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de sesións do Concello de Cangas, sede da mancomunidade.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Cangas, 1 de febreiro de 1999.

Xosé Novas Piñeiro

Vocal delegado da Mancomunidade de Concellos

do Morrazo