Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

ANUNCIO de poxa para a adxudicación de obra ambiental.

Con data do 28 de xaneiro de 1999, a Xunta da Mancomunidade aprobou o expediente de contratación para a realización dos traballos que se citan. De conformidade co sinalado no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público durante catro días, para os efectos de que poidan presentarse reclamacións anunciándose ó mesmo tempo a licitación acordada, que se adiará no suposto de que se formularen alegacións.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

a) Órgano: Xunta de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número do expediente: OB 1/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento e recuperación ambiental no Cabo de Udra (Bueu).

b) Prazo de execución: dous meses.

3. Tratamento, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 23.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 460.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Mancomunidade de Concellos do Morrazo, secretaría xeral.

Domicilio: r/ Castelao s/n.

Localidade e código postal: Cangas, 36940.

Tlf.: 986 30 00 50.

Fax: 986 30 48 50.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: A-2-D.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP. Se o último día coincidise en sábado prorrogarase ó seguinte non festivo.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Secretaría Xeral da Mancomunidade de Concellos do Morrazo. Concello de Cangas, Castelao s/n.

9. Apertura de ofertas.

Ás 12 horas do día seguinte hábil, non sábado, a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de sesións do Concello de Cangas, sede da mancomunidade.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Cangas, 1 de febreiro de 1999.

Xosé Novas Piñeiro

Vocal delegado da Mancomunidade de Concellos

do Morrazo