Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra número 249 do 30 de decembro, publicáronse as bases, aprobadas polo Pleno deste Concello na sesión do 18 de decembro de 1998, para a provisión polo sistema de oposición de dúas prazas de gardas da policía local, incluídas na oferta de emprego público de 1996, pertencentes á escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía, grupo D.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios deste concello, segundo proceda.

O Porriño, 8 de xaneiro de 1999.

José Manuel Barros González

Alcalde