Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1CCP/1999, polo procedemento aberto, tramitación anticipada, para a subministración sucesiva de luvas (tramitación segundo o artigo 173-1A da LCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde de 22-5-1996 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de luvas.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3 - 4º andar, teléfono: 981 18 56 00, fax: 981 18 56 78.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse nos lugares de almacenamento que lles indique cada hospital ós adxudicatarios.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: luvas (ver prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: oitenta e un millóns cincocentas oitenta mil oitocentas pesetas (81.580.800 pts.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requirida: a licitación tratara sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: as entregas faranse por demanda de cada centro hospitalario.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 15 de marzo de 1999.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 22 de marzo de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas asistila para apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10:00 horas no enderezo que se sinale no punto 1, o día 5 de abril de 1999.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores:

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricions técnicas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Variantes: non se admiten.

15. Información adicional: ve-lo punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais da Comunidades Europeas, 28 de enero.

18. Data de recepción do anuncio:

19. Anuncios: o pagamento da publicidade do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 20 de xaneiro de 1999.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña