Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de xaneiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea O Mar É Así.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21) e

que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: O Mar É Así.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 89, Cambados F.

Data da concesión: 8-11-1972.

Data do remate da última prórroga: 30-11-2002.

Anterior concesionario: Castro Dios, Gabriel (35.389.051).

Novos titulares concesión: Castro Iglesias, Gabriel (35.450.218); Castro Iglesias, Mª José (35.442.035); Paz Lojo, Paulino (35.445.675) e Cores Mougán, Ana María (35.454.172).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 12 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)