Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 1999 Páx. 1.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/15-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Aguieira.

Situación: Lousame.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 374 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 23 da liña Tam

bre-Noia, derivada a Vilacova e Mirón (expediente 50985) e final no C.T. A Aguieira que se vai instalar. Centro de transformación sobre apoios de formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Aguieira, do que parte a R.B.T. sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 145 m de lonxitude que enlaza coa existente. Concello de Lousame.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña