Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración de pezas do uniforme para a policía local de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: policía local.

2. obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de pezas do uniforme de policía local de Ourense.

2.2. Prazo de entrega: o adxudicatario deberá entrega-las pezas do uniforme que se lle soliciten por cada axente, de acordo coas súas necesidades, no prazo de quince días contados desde a data na que se formulen os pedidos correspondentes.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 8.000.000 de ptas. por ano, IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 480.000 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 960.000 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: policía local.

6.2. Enderezo: Praza de San Martiño.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 40.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 8, do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 4 de decembro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde