Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e oito, acordou convoca-la seguinte poxa:

Obxecto: adxudicación, en réxime de concesión administrativa, do posto pechado número 8 do Mercado Municipal de Abastos, destinado a carnicería.

Lugar de execución: Concello de Arbo.

Orzamento base licitación: 25.000 pesetas á alza.

Prazo de concesión: máximo 15 anos.

Forma de adxudicación: tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: poxa.

Garantías: provisional: 2% do prezo base da poxa. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Concello de Arbo.

Proposicións: data límite o vixésimo sexto día natural desde o seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: no BOP.

Arbo, 12 de xaneiro de 1999.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde