Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

Presentado neste concello pola entidade Arconsa Arcade S.L., como propietaria única da unidade de execución número 3, o proxecto de compensación da devandita unidade de execución, de acordo co previsto no artigo 133.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examina-lo seu contido e presenta-las alegacións que se consideren convenientes.

Soutomaior, 1 de febreiro de 1999.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde