Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-339).

Por resolución desta alcaldía nº 534/1999, do 27 de xaneiro de 1999, acordouse aprobar inicialmente a delimitación da área de desenvolvemento do SUNP B-25-R, na Cova (Oleiros), e a configuración dos

dous polígonos de execución nela (Polígono 1 e 2), tramitada por Parque de Santa Cruz, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días que computará desde a derradeira publicación (Diario Oficial de Galicia ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 2 de febreiro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta