O Pleno do Concello, en sesión ordinaria realizada o día 21-12-1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido por María Pilar Rodríguez Pena, sito na rúa J. Costa Alonso, 78, redactado polo arquitecto José Díaz de la Iglesia.
En execución do acordo exponse ó público polo período dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios, mediante publicación do presente anuncio do Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, para os efectos sinalados no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O expediente queda de manifesto na secretaría para os efectos do seu examen e, se é o caso, presentación de alegacións.
Moaña, 25 de xaneiro de 1999.
Xabier Abalo Costa
Alcalde