Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do 29 de decembro de 1998, en relación co plan parcial de ordenación do parque empresarial de Celanova, por maioría absoluta, acordou o seguinte:

«1. Estima-la alegación número 60, presentada por Fernando Mouriño Villar; parte da formulada polo mesmo na alegación número 61, relativa á modificación do plan de etapas; parte da número 89 formulada por Fernando González García, no relativo ó desenvolvemento do plan; parte das alegacións número 90, formuladas por Rosa Rodríguez Nogueiras, no sentido de pasar a 2ª e 3ª etapa ó 2º cuatrienio así como parte da alegación número 91, formulada por Luis González Gándara, no sentido de modifica-lo plan de etapas pasando para o 2º cuatrienio a 2ª e 3ª.

2. Rexeita-lo resto do contido das alegacións número 61, formulada por Fernando Mouriño Villar, número 89, formulada por Fernando González García; número 90, formulada por Rosa Rodríguez Nogueiras, e número 91 formulada por Luis González Gándara.

3. Prestar aprobación definitiva ó plan parcial de ordenación do parque empresarial, cumprindo os demais trámites previstos na Lei 7/1995, do 29 de xuño, e na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da devandita Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Celanova, 20 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado