Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999 relativa á adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da redacción e execución do proxecto de reforma do sistema actual de calefacción nun equipo de producción de calor mediante caldeiras de gas natural.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 12/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da redacción e execución do proxecto de reforma do sistema actual de calefacción nun equipo de producción de calor mediante caldeiras de gas natural.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 213, do 3 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: non superior a 17.500.000 pesetas, incluído o IVE.

5. Adxudicación.

a) Data: 14-1-1999.

b) Contratista: Orval Instalaciones Industriales, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 17.492.800 pesetas, incluído o IVE.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1999.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia