Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, con tramitación urxente, da obra que se cita. (Expediente PO-13-14-99-01).

A) Nave para deportes náuticos en Combarro.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número de expediente: clave: (PO-13-14-99-01).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: nave para deportes náuticos en Combarro.

b) División por lotes:

c) Lugar de execución: Combarro.

d) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Importe total: 30.107.287 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 1.204.291 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 53 22.

e) Telefax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: Praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa, 5 A-6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia