Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de física teórica, do departamento de Física Aplicada, a prol de Beatriz Elisa de Carlos
Villamarín, con documento nacional de identidade número 36.081.149, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Beatriz Elisa de Carlos Villamarín profesora titular de universidade da área de coñecemento de física teórica, do departamento de Física Aplicada.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo consonte co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 20 de xaneiro de 1999.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo