Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.494

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica, a Rafael María García Rodríguez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 6 de abril (BOE do 30), para a provisión da praza número 98/028 de catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, departamento de Análise Económica desta universidade, a favor de Rafael María García Rodríguez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Rafael María García Rodríguez catedrático de universidade da área

de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica desta universidade.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña