Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (153/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de decembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense no S.U.-7, cuarteirón 6 coa obrigatoriedade de cumprir coas condicións de uso educativo previstas no plan xeral vixente, así como as condicións de accesibilidade establecidas na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras, a pedimento de Francisco Novoa Rodríguez, en representación de Postal Escuela de Negocios, S.L.»

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 4 de xaneiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente