Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de decembro de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a subministración de materiais para diversos servicios do concello durante o ano 1999, polo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración de diversos materiais:

1. Materiais de fundición (gris, dúctil nodular). 2. Emulsións asfálticas e mesturas bituminosas. 3. Formigóns. 4. Traballos de maquinaria pola Administración. 5. Aluger maquinaria. 6. Granulados e areas. 7. Subministración e transporte de xabre. 8. Transporte de granulados. 9. Prefabricados de formigón. 10. Baldosa hidráulica, cemento e ladrillo.

b) Prazo de entrega: todo o material será subministrado por pedidos parcialis durante todo o ano.

O adxudicatario terá o material en stock para proceder no momento do seu pedido, por parte dos servicios municipais, á súa subministración inmediata.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: o prezo do contrato será o ofertado polos licitadores nas súas ofertas.

Cada punto será ofertado por separado, podendo presentar oferta para un ou varios bloques.

5. Garantías.

Provisional: 50.000 ptas. para cada un dos bloques.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: praza Maior, 1.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se celebre, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollern no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 4 de xaneiro de 1999.

V. e Pr.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado