Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a elaboración dun plan de actuación da Consellería de Industria e Comercio no período 1998-2001.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Numero de expediente: 10/98.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: elaboración dun plan de actuación 1998-2001 da Consellería de Industria e Comercio, no cal se recollerán as liñas estratéxicas, obxetivos xerais e proxectos específicos da consellería para o referido período.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 22 de xullo de 1998.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dezaseis millóns de pesetas.(16.000.000 de ptas.).

Adxudicación.

Data: 1 de setembro de 1998.

Contratista: Norconsult, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: quince millóns cincocentas mil pesetas.(15.500.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio